Promociona
GRATIS
un evento, lugar,
o establecimiento
Descripción
Unha ama de casa, un militar, unha bailarina, unha enfermeira, un rapaz tímido,... doce persoas acoden a unha tola e maxistral clase de teatro. Atoparanse con Cyrano de Bergerac, La vida es sueño, Tres hermanas, Romeo e Julieta ou Hamlet e nós asistiremos a un divertido e vertixinoso cóctel de historias e emocións que tamén ten como ingredientes o humor e o amor polo teatro e no que este se funde coa vida, coa necesidade humana de poder ser outros para sobrevivir. La Crazy Class bríndanos a ocasión de incluír na nosa celebración unha homenaxe á esencia do FIOT, o teatro, á súa forza para divertir, facer pensar, emocionar e mellorar a nosa vida. É tamén a oportunidade de asistir desde dentro ao que como espectadores nunca podemos presenciar, o xogo escénico, as luces, os telóns,... a maxia do teatro nunha montaxe completamente hilarante. L`om-Imprebís regresa no noso aniversario coa súa última produción, creada a partir do xénero do que son pioneiros en España, a improvisación, a creación en vivo dentro do teatro, aínda que nesta ocasión nada se improvisa.
Intérpretes: Carles Castillo, Carles Montoliu, Santiago Sánchez e Elena Lombao
Escenografía: Dino Ibáñez
Vestiario: Gabriela Salaverri
Deseño de iluminación: Rafael Mojas
Deseño de son: José Luis Álvarez
música: Yayo Cáceres, Mamen García e Víctor Lucas
Coach de canto: Ángel Ruiz
Coreografía: Paloma Díaz
Idea orixinal: Michel López
Creación e dirección: Santiago Sánchez e Michel López
Entradas
7 EUR + gastos de gestión
Comprar Entradas
powered by ticketea
Este evento está incluído en...
Horario
Datos
Fecha: 16 de octubre de 2016
Lugar: Pazo da Cultura de Carballo
Dirección:
Rúa do Pan, s/n
Como llegar...
Emergencias
Hospital más cercano: Complexo Hospitalario Universitario A Coruña
Distancia: 38 km
Dirección: Xubias de Arriba 84 (A Coruña)
Teléfono: [+34] 981178000
Emergencias: 112
Este contenido está oculto porque no has aprobado el uso de algunas cookies. Para poder acceder a las funciones relacionadas con las redes sociales es necesario almacenar en tu navegador algunas de esas cookies. Por ello no podrás acceder a este contenido si no aceptas el uso de cookies.
publicidad
publicidad