Promociona
GRATIS
un evento, lugar,
o establecimiento
Descripción
Mentres unha compañía de cómicos ensaia unha obra de teatro para celebrar as vodas de Hipólita e Teseo, dúas parellas de namorados pérdense nun bosque, non moi lonxe do Reino das Fadas, na busca do amor verdadeiro. Pero algo acontece, o amor está no aire e nada é o que parece, e o que parece non resulta ser certo. Enredando máis a trama, a noite de verán envolve de maxia e encantamentos amorosos todos os protagonistas desta divertida historia. O soño dunha noite de verán é a comedia máis popular e unha das máis fermosas de Shakespeare, do que este ano tamén celebramos o 400 aniversario do pasamento. O propio teatro comparte temática co amor, a fantasía, a loita de sexos ou a impulsividade do ser humano. Carmen Conesa, Emilio Gavira e Alejandro Sigüenza encabezan esta proposta de Darío Facal, un emerxente director que está destacando polas súas arriscadas e sorprendentes montaxes (e que por certo ten raíces familiares en Bergantiños), e na que se enfatiza o espírito divertido e cómico da obra, achegando o texto universal a todo tipo de público.
Intérpretes: Carmen Conesa, Alejandro Sigüenza, Emilio Gavira, Vicnete León, Alejandra Onieva, Óscar de la Fuente, Borja Luna, Katia Klein e Paco Ochoa
Espazo escénico: Thea Norsola e Darío Facal
Deseño de vestiario: Guadalupe Valero
Deseño de perruquería: Chema Noci
música: Room 63
Deseño de iluminación: Juanjo Llorens
Deseño de panos: Estudio Mamífero
Axundante de dirección: Javier L. Patiño
Autor: William Shakespeare
Versión: Javier L. Patiño e Darío Facal
Dirección: Darío Facal
Entradas
10 EUR + gastos de gestión
Comprar Entradas
powered by ticketea
Este evento está incluído en...
Horario
Datos
Fecha: 22 de octubre de 2016
Lugar: Pazo da Cultura de Carballo
Dirección:
Rúa do Pan, s/n
Como llegar...
Emergencias
Hospital más cercano: Complexo Hospitalario Universitario A Coruña
Distancia: 38 km
Dirección: Xubias de Arriba 84 (A Coruña)
Teléfono: [+34] 981178000
Emergencias: 112
Este contenido está oculto porque no has aprobado el uso de algunas cookies. Para poder acceder a las funciones relacionadas con las redes sociales es necesario almacenar en tu navegador algunas de esas cookies. Por ello no podrás acceder a este contenido si no aceptas el uso de cookies.
publicidad
publicidad