Promociona
GRATIS
un evento, lugar,
o establecimiento
Descripción
Cervantina é unha nova aproximación de Ron Lalá ao universo creativo dun dos xenios indiscutibles da literatura universal. Unha festa de pezas breves que reúne as adaptacións “ronlaleiras” dalgunhas novelas exemplares e entremeses, ademais de fragmentos doutras pezas. Ron Lalá é outra das compañías máis aclamadas polo público do FIOT, á que acompañamos desde os seus inicios e que se converteu na revelación dos escenarios españois dos últimos anos. Despois do rotundo éxito internacional de En un lugar del Quijote, dan un paso máis na súa exploración do mundo literario cervantino a través das ferramentas da súa linguaxe escénica: o humor, a poesía, o ritmo desenfreado, a música en directo... Esta produción converteuse nun dos imprescindibles deste ano. Unha maneira fresca, musical e divertida, de achegarse aos clásicos que constitúe un sinal de identidade desta produtora, que pola calidade do seu traballo recibiu o Premio Max á mellor compañía privada.
Intérpretes: Yayo Cáceres, Íñigo Echevarría, Daniel Rovalher, Juan Cañas, Miguel Magdalena e Álvaro Tato
Escenografía e atrezzo: Carolina González
Vestiario: Tatiana de Sarabia
Iluminación:Miguel Ángel Camacho
Dirección literaria: Álvaro Tato
Dirección musical: Miguel Magdalena
Versión e composición musical: Ron Lalá
Dirección: Yayo Cáceres
Entradas
15 EUR + gastos de gestión
Comprar Entradas
powered by ticketea
Este evento está incluído en...
Horario
Datos
Fecha: 23 de octubre de 2016
Lugar: Pazo da Cultura de Carballo
Dirección:
Rúa do Pan, s/n
Como llegar...
Emergencias
Hospital más cercano: Complexo Hospitalario Universitario A Coruña
Distancia: 38 km
Dirección: Xubias de Arriba 84 (A Coruña)
Teléfono: [+34] 981178000
Emergencias: 112
Este contenido está oculto porque no has aprobado el uso de algunas cookies. Para poder acceder a las funciones relacionadas con las redes sociales es necesario almacenar en tu navegador algunas de esas cookies. Por ello no podrás acceder a este contenido si no aceptas el uso de cookies.
publicidad
publicidad