publicidad

publicidad

publicidad

Promociona

GRATIS

un evento, lugar,

o establecimiento

  • Os Amigos dos Músicos (Galicia)

Descripción

No 2016 Os Amigos dos Músicos presentan o seu primeiro disco: un conxunto de cancións nas que xuntan o propio co alleo para dar forma a un discurso fragmentado, no que as distintas voces se van sucedendo, mais no que aos poucos vai emerxendo a coherencia do horizonte. A banda, que sempre buscou referentes na canción popular galega, establece con este álbum un compás para dirixirse en tal singradura. As coordenadas que, dun xeito simbólico mais tamén obxectivo, marcan Curros Enríquez, Suso Vaamonde, Manuel María e Luis Emilio Batallán son o risón que permite pararse e levantar a vista, mais só para proseguir a viaxe. Unha mostra deste ánimo de descuberta son os seus concertos, nos que Os Amigos dos Músicos presentan o seu amplo rexistro musical a través da sutileza dos cambios de dinámica e a mestura das distintas voces que compoñen a banda. Para plasmar todas estas voces e ambicións, Os Amigos dos Músicos xuntáronse en distintos momentos dos dous últimos anos nos Estudios A Ponte, en Roxos, Santiago de Compostela, para gravar un disco de produción propia no que contaron con Tomás Ageitos como enxeñeiro de son. As mesturas correron a cargo de Druso L. Pedrouzo e da masterización encargouse Dr Chou. Federico Álvarez realizou as fotografías interiores e María Grande o deseño co que se presenta o álbum nos formatos de CD e LP.

Discografía

    2015 Alalá ao sol
    2014 Miña irmá fermosa
    2012 Mue Único Amigo

Síguenos en:

  • siguenos en Facebook
  • siguenos en Twitter
  • siguenos en Instagram
  • siguenos en Pinterest
  • siguenos en Flickr
  • siguenos en Youtube
  • siguenos en Wikiloc

publicidad

publicidad

publicidad

publicidad

publicidad

publicidad

En Galiceando usamos cookies propias y de terceros para mejorar tu experiencia de navegación y ofrecerte contenidos y publicidad que sea de tu interés. Si continuas navegando por galiceando.com entendemos que estás de acuerdo con su uso. Política de cookies.